Torta de aurora con cobertura de Vía Láctea

Pastel de auroras con cobertura de Vía LácteaCréditos da imaxe e copyright: Göran Strand
Explicación: este ceo semella delicioso. Os óvalos dunha aurora dobre captáronse por riba das luces da cidade de Östersund (Suecia), a semana pasada. Fotografados enriba, os óvalos verdes dábanse máis baixos desde o chan cós raios de aurora violetas superiores, facendo que a representación completa sexa un pouco coma un pastel. Como colofón, afastada na distancia, a franxa central da nosa Galaxia Vía Láctea inclínase desde a parte superior esquerda. As auroras foron provocadas polas nubes de plasma expulsadas polo noso Sol ao interior do Sistema Solar xusto uns poucos días antes, partículas ionizadas que impactaron de seguido na magnetosfera da Terra. A exhibición de auroras pode continuar esta semana xa que un grupo activo de manchas solares rotaba desde á nosa vista hai uns poucos días.

NOTA: gustas da astonomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.