Súper Lúa contra micro Lúa

Súper lúa contra micro lúaCréditos da imaxe e copyright: Catalin Paduraru
Explicación: como de súper é a superlúa de mañá? Mañá, haberá unha Lúa chea que parece lixeiramente máis grande e máis brillante do habitual. A razón é que a fase completamente alumeada da Lúa ocorre nun curto momento desde o perixeo; cando a Lúa está o máis achegada á Terra da súa órbita elíptica. Aínda que as condicións precisas que definen unha superlúa varían, dada a definición, mañá será a terceira superlúa do ano; e o terceiro mes consecutivo no que acontece unha superlúa. Unha razón pola que as superlúas son populares débese a que son sinxelas de ollar; só tes que saír ao exterior no solpor e ollar unha impresionante Lúa chea erguerse! Como o perixeo ocorre realmente hoxe, o mencer luar do solpor de hoxe debería ser tamén impresionante. Na fotografía superior, compárase unha superlúa de 2012 cunha microlúa (cando ocorre unha Lúa chea preto da parte máis afastada da órbita da Lúa), polo que aparece máis pequena e tenue do habitual. Segundo as definicións, ao menos unha superlúa ocorre cada ano, sendo a vindeira o 30 de agosto de 2015.

NOTA: gustas da astonomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.