Praia con arco da vella lunar

Arco da vella lunar sobre a praiaCréditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: coma un arco da vella pola noite, un fermoso arco da vella lunar brilla sobre o horizonte occidental nesta escena da praia deserta da illa Molokai, Hawai (EUA),. planeta Terra. Captada o pasado 17 de xuño nas primeiras horas da mañá, as luces ao longo do horizonte proveñen de Honolulu e as cidades da illa de Oahu a unhas 30 millas de distancia. Así que, onde estaba a Lúa? Un arco da vella é producido pola luz solar que se reflicte internamente nas pingas de choiva desde a dirección oposta ao Sol desde detras do observador. Cando a luz pasa desde o aire á auga e volta ao aire, as lonxitudes de onda máis longas son refractadas (dobradas) menos cás máis curtas, resultando na separación de cores. E por iso prodúcese o arco da vella lunar, cando as pindas de auga relicten o luar desde a dirección oposta á Lúa. Iso sitúa á Lúa directamente por tras do fotógrafo, aínda baixa e erguéndose sobre o horizonte oriental, uns poucos días despois da súa fase completa.

 NOTA: gustas da astonomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.