Unha paisaxe estelar de Sagittarius

M16M17M18M24M25RGBHa_5panel_Hancock1024Créditos da imaxe e copyright: Terry Hancock (Down Under Observatory)
Explicación: esta rica paisaxe estelar abarca case 7 graos do ceo, cara o brazo espiral de Sagittarius e o centro da nosa galaxia da Vía Láctea. Un mosaico telescópico, amosa nebulosas brillantes ben coñecidas e cúmulos estelares catalogados polo turista cósmico do século XVIII Charles Messier. As nebulosas M16, a Aguia (extremo dereito) e M17, o Cisne (preto do centro), aínda paradas populares para os observadores do ceo, son as rexións de formación estelar de emisión máis brillantes. Con envergaduras aproximadas de 100 anos luz, brillan cunha desveladora luz avermellada de átomos de hidróxeno desde uns 5.000 anos luz de distancia. O colorido cúmulo estelar aberto M25, preto do bordo superior esquerdo da escena, está máis achegado, a tan só 2.000 anos luz de distancia e cuns 20 anos luz de diámetro. M24, tamén coñecida coma a Nube Estelar de Sagittarius, amoréase xusto á esquerda do centro da parte baixa do recadro; onde poden ollarse estrelas máis afastadas e máis febles da Vía Láctea ao través dunha xanela estreita de campos escurecidos de po interestelar.