Nube, cúmulos mailo cometa Siding Spring

ligustri_SMCsidingspring950Créditos da imaxe e copyright: Rolando Ligustri (CARA Project, CAST)
Explicación: o 19 de outubro, un bo lugar para ollar ao cometa Siding Spring será desde Marte. Daquela, este visitante (C/2013 A1) que chega ao sistema solar interior, descuberto en xaneiro de 2013 por  Robert McNaught desde o Observatorio Siding Spring de Australia, pasar a 132.000 quilómetros do planeta vermello. Iso é ben pouco, equivalente aproximadamente a un terzo da distancia Terra-Lúa. Aínda así, agora son posibles grandes vistas do cometa para os cidadáns do hemisferio sur do planeta Terra. Esta captura telescópica do 29 de agosto captou a abrancuzada coma do cometa e unha cola de po arqueándose mentres varre os ceos meridionais. O fabuloso campo de visión inclúe a Pequena Nube de Magallanes e os cúmulos globulares de estrelas 47 Tucanae (dereita) e NGC 362 (arriba á esquerda). Preocupado por todas as sondas espaciais que orbitan Marte? As partículas de po do cometa poderían resultar un perigo e os controladores planean posicionar aos orbitadores de Marte na beira oposta do planeta durante o achegado sobrevoo do cometa.

NOTA: gustas da astonomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.