M6: o cúmulo Bolboreta

 m6 cúmulo bolboretaCréditos da imaxe e copyright: Marco Lorenzi

Explicación: para algúns, o contorno do cúmulo aberto de estrelas M6 aseméllase a unha bolboreta. M6, tamén coñecido coma NGC 6405, abarca uns 20 anos luz e atópase a uns 2.000 anos luz de distancia. M6, fotografado enriba, pode ollarse mellor nun ceo escuro con binoculares cara a constelación do Escorpión (Scorpius), cubrindo unha parte do ceo tan grande coma a Lúa chea. Ao igual ca outros cúmulos abertos, M6 está composto sobre todo de estrelas novas azuis, aínda que a estrela máis brillante é case laranxa. Estímase que M6 ten a uns 100 millóns de anos de idade. O feito de determinar a distancia so cúmulos coma M6 axuda aos astrónomos a calibrar a escala de distancias do Universo.

NOTA: gustas da astonomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.