O tránsito de Mercurio: unha estraña mancha sobre o Sol

Tránsito de Mercurio: a estraña mancha do SolCréditos da imaxe e copyright: David Cortner
Explicación: que é esa mancha sobre o Sol? Se ollas de preto, é case perfectamente redonda. A mancha é o resultado dunha clase rara de eclipse solar que ocorreu en 2006. Normalmente é a Lúa da Terra a que eclipsa o Sol. Desta volta, é a quenda do planeta Mercurio. A fase de Mercurio, coma o achegamento á Lúa nova antes dunha eclipse solar, volveuse un crecente cada vez máis fino mentres o planeta se aliñaba progresivamente co Sol. Ao final, a fase de Mercurio caeu ata cero e a súa mancha escura cruzou a nosa estrela. A situación podería terse etiquetado tecnicamente coma unha eclipse anular mercuriana cun anel de lume extraordinariamente grande. Desde as chairas cheas de cráteres da cara nocturna de Mercurio a Terra aparecía na súa fase completa. Horas máis tarde, mentres Mercurio continuaba coa súa órbita, unha pequena fase crecente volveu a aparecer. A vindeira eclipse solar mercuriana ocorrerá en 2016.