O espectro de Veszprem

BROCKEN_140811_ladanyiCréditos da imaxe e copyright: Tamas Ladanyi (TWAN)
Explicación: na cidade de Veszprem, Hungría, apareceuse só brevemente este espectro misterioso. Na mañá do 11 de agosto, a súa forma monstrosa penduraba na bétema sobre os edificios municipais preto do centro da cidade. Aínda que unha pista da súa verdadeira identidade ofrécea o fotógrafo, que informou de que a fotografía se tirou desde o cumio dun edificio de vinte andares co Sol saíndo directamente ás súas costas. Esta xeometría especial suxire que se trata dun exemplo dun fenómeno atmosférico chamado a Gloria ou, ás veces, “o Espectro do Brocken“. A emocionante aparición, que tamén se ve desde os cumios de montañas e desde os avións cando se mira ao lugar oposto ao Sol, é a sombra do observador sobre as nubes ou a néboa, con pequenas pingas de auga que esparexen a luz de detrás cara o Sol ao través de complexas reflexións internas. Os observadores do ceo nocturno que sexan atentos tamén poden atopar este análogo dun espectro na astronomía, un brillo da luz zodiacal en dirección oposta ao Sol coñecida coma o gegenschein.