O cometa Jacques, o Corazón e a Alma

Cometa Jacques, corazón e alma
Créditos da imaxe e copyright: Dominique Dierick
Explicación: o 13 de xullo, un bo lugar para ollar ao Cometa Jacques era desde Venus. Daquela, o visitante (C/2014 E2) do sistema solar interior, descuberto recentemente, pasaba a uns 14,5 millóns de quilómetro do noso planeta irmán. Ademais, o cometa do exterior pasará a só 84 millóns de quilómetros do noso fermoso planeta o 28 de agosto e xa é un obxectivo claro para telescopios e prismáticos. Hai dous días, a coma verdecente e a cola iónica, recta e estreita, foi captada nesta instantanea telescópica, unha soa exposición de 2 minutos de duración cunha cámara dixital modificada. O cometa está flanqueado por IC 1805 e IC 1848, tamén coñecidas comas Nebulosas Corazón e Alma de Cassiopeia. Se estás ancorado ao planeta Terra nesta fin de semana podes hcazar ao Cometa Jacques nos ceos do serán, ou albiscar un triángulo con Venus, Xúpiter e a Lúa decrecente antes do mencer.