Ronseis estelares sobre Indonesia

Ronseis estelares sobre Indonesia
Créditos da imaxe e licenza: HuiChieh (my dark sky)
Explicación: ámbolos dous, terra e ceo, non tiñan acougo. A terra inqueda incluía ao Monte Semeru en erupción ao lonxe, a caldeira do torrente do Monte Bromo á esquerda, brétema fluíndo e as luces do coches en movemento ao longo das estradas que enfían entre outeiros e volcáns do Parque Nacional Bromo Tengger Semeru en Xava Oriental, Indonesia. O emocionante ceo incluía ás estrelas rodeando o Polo Sur Celeste e un risco de meteoro pola dereita da imaxe. A composición superior de 270 fotografías tirouse desde King Kong Hill a mediados de xuño durante dúas horas, cunha Lúa saíndo e alumeando a paisaxe.