Xúpiter e Venus desde a Terra

Xúpiter e Venus no solporCréditos da imaxe: Marek Nikodem (PPSAE)
Explicación: foi visible por todo o mundo. A conxunción ao solpor de Xúpiter e Venus de 2012 puido ollarse desde case calquera lugar no que viviras da Terra. Quenquera do planeta cun horizonte occidental despexado no solpor puido velo. Na fotografía de enriba de 2012, un fotógrafo creativo fuxiu das luces da cidade de Szubin (Polonia) para fotografar un achegamento moi próximo dos dous planetas. Os planetas brillantes estaban afastados só por tres graos e pola súa filla, nunha pose rechamangueira e graciosa. Un feble solpor vermello aínda relocía no fondo. A primeiras horas da madrugada de mañá (luns), os dous planetas aínda pasarán máis xuntos, afastados só 0,2 graos tal e como serán visibles desde algunhas localidades, xusto antes do mencer.