Perseida no luar

Persei93_1abolfath950

Créditos da imaxe e copyrightAmir Hossein Abolfath (TWAN)

Explicación: o brillante luar procedente dunha Lúa chea preto do perixeo alumea a noite e proxecta sombras nesta paisaxe celeste do Irán central. Tirada o 12 de agosto, preto do cumio da chuvia anual de meteoros das perseidas, a exposición tamén capta un ronsel brillante e colorido dunha perseida por riba dunha árbore ao contraluz no primeiro plano. Este ano, o luar sa superlúa interferiu coa observación de meteoros nas primeiras horas da noite, ocultando os ronseis de moitas perseidas máis tenues da chuvia. As perseidas máis brillantes como esta aínda se puideron ver, cos seus ronseis apuntando á heroica constelación de Perseus que se perfila á dereita. Os grans cósmicos que producen os meteoros das perseidas, varridos mentres o planeta Terra orbita o través do po deixado polo cometa periódico Swift-Tuttle, entran na atmosfera a case 60 quilómetros por segundo, quentados ata a incandescencia e vaporizados a altitudes duns 100 quilómetros. O vindeiro ano, os meteoros das Perseidas alustrarán nos ceos escuros baiso unha Lúa nova.