Lúa surreal

Lúa surrealCréditos da imaxe e copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)
Explicación: grande, brillante e fermosa, unha Lúa chea preto do perixeo, o punto máis achegado na súa órbita elíptica ao redor do noso bonito planeta, erguíase o 10 de agosto. Esta imaxe extraordinaria grava a escena cunha cualidade onírica desde a coste leste dos Estados Unidos. Realmente, a imaxe é unha composición de 10 tomas dixitais con exposicións que van do 1/500 segundo ao 1 segundo de duración, preservando o contraste e o detalle de xeito máis fondo ca un rango normal de brillo. Nunha distancia do perixeo de tan só 356.896 quilómetros, a Lúa chea de agosto foi a máis próxima e, por tanto, a máis grande, das tres Lúas cheas máis achegadas ao perixeo de 2014, agora coñecidas popularmente coma superlúas. Pero se te perdiches a súper superlúa de agosto, a próxima superlúa non tan calma será o 8 de setembro. Entón, preto da fase luar total o perixeo da Lúa estará lixeiramente máis lonxe a uns 358.387 quilómetros. Iso é só sobre un 0,4 por cento menos cá súper (máis lonxe e máis pequena) cá súper superlúa.