A Rosetta achégase ao cometa Churyumov-Gerasimenko

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=UZQy3-zXq-M&w=960&h=540]
Créditos da imaxe e copyright: ESA, sonda espacial Rosetta, NavCam imager; Música: Eine kleine Nachtmusik (Mozart)
Explicación: como é achegarse a un cometa? A comezos deste mes a humanidade recibiu unha nova interpretación mentres a sonda espacial automática Rosetta chegou ata (e comezou a orbitar) o núcleo do Cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko. Este achegamento rematou sendo particularmente fascinante porque ao comezo o núcleo do cometa parecera ter unha estraña estrutura dobre, e máis tarde amosou unha rara e abrupta superficie. O vídeo secuencia superior de 101 fotogramas detalla o achegamento da sonda espacial desde o 1 ata o 6 de agosto. O núcleo xeado do cometa ten o tamaño dunha montaña e rota cada 12,7 horas. As imaxes e os datos da Rosetta poden aportar luz sobre a orixe dos cometas e a historia temperán do noso Sistema Solar. A finais deste ano, está programado que a Rosetta libere ao aterrador Philae, que tentará aterrar sobre a periferia do Cometa Churyumov–Gerasimenko e arpoar a propia superficie.