Debaixo, unha perseida

Unha perseida por debaixoCréditos da imaxe: Ron Garan, tripulación da Expedición 28 da ISS, NASA
Explicación: os habitantes do planeta Terra normalmente ollan unha choiva de meteoros mirando ao alto. Pero esta estupenda imaxe captada o 13 de agosto de 2011 polo astronauta Ron Garan mira cara abaixo sobre un meteoro das Perseidas. Desde a perspectiva de Garan a bordo da Estación Espacial Internacional orbitando a unha altitude duns 380 quilómetros, os meteoros das Perseidas pasan coma un raio por baixo, varrendo o po deixado polo cometa Swift-Tuttle quente ata a incandescencia. Os grans de po brillante do cometa viaxan a uns 60 quilómetros por segundo ao través da atmosfera máis densa a uns 100 quilómetros por riba da superficie da Terra. Neste caso, o alustro do meteoro de esguello atópase á dereita do centro da imaxe, por baixo do limbo curvado da Terra e unha capa de aire de brillo verdello, xusto por baixo da brillante estrela  Arcturus. Queres ollar a chuvia de meteoros? Estás de sorte, xa que a choiva de meteoros da Perseidas chega so seu cumio esta semana. Por desgraza, os meteoros máis febles da choiva deste ano serán difíciles de ver nun ceo relativamente brillante alumeado polo brillo dunha Lúa case chea.

N.T.: máis sorte aínda, se queres achegar a un sitio excelente coma o Albergue dos Biocos na montaña de Ourense