A cita de Rosetta

A cita de RosettaCréditos da imaxe: ESA / Rosetta / MPS for OSIRIS Team; MPS/UPD/LAM/IAA/SSO/INTA/UPM/DASP/IDA
Explicación: o 3 de agosto, a cámara de ángulo estreito da sonda espacial Rosetta captou esta impresionante imaxe do núcleo do Cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko. Despois de 10 anos e 6,5 mil millóns de quilómetros de viaxe ao longo de traxectorias de asistencia gravitatoria serpeando polo o espazo interplanetario, a Rosetta achegouse a 285 quilómetros do seu obxectivo. A curiousa forma con dous lóbulos do núcleo desvélase cun detalle incrible nunha imaxe cunha resolución de 5,3 metros por píxel. O núcleo cometario, duns 4 quilómetros de diámetro, está actualmente a uns 400 millóns de quilómetros da Terra, entre as órbitas de Xúpiter e Marte. Agora, a primeira sonda espacial que acada unha delicada órbita ao redor dun cometa, a Rosetta abaneará entre os 50 quilómetros e menos nas vindeiras semanas, identificando lugares candidatos para que aterre a súa sonda Philae a finais deste ano.