Catro mil millóns antes da nosa Era: Terra mallada

Hai catro mil millóns de ano, unha terra acribilladaCréditos da ilustración: Simone Marchi (SwRI), SSERVI, NASA
Explicación: ningún lugar da Terra era seguro. Hai catro mil millóns de anos, durante o eón Hadeico, o noso Sistema Solar foi unha perigosa galería de tiro de rochas grandes e perigosas e anacos de xeo. Un exame recente de datos do bombardeo lunar e da Terra indican que toda a superficie terrestre sufriu unha gran fragmentación, agochando a antiga historia xeolóxica do globo e creando un mundo mallado sen que quedaran masas terrestres familiares. A choiva de devastación fixo difícil a supervivencia de calquera vida, aínda que as bacterias que puideran superar as temperaturas elevadas tiveron a mellor oportunidade. Pénsase que os océanos existentes nesta época ferverían ata evaporarse, particularmente tralos duros impactos, só para volver a formarse de novo. A ilustración artística de enriba amosa como podería ser a Terra durante esta época, cos característicos impactos circulares punteando a parte alumeada polo Sol, e os fluxos de lava quente visibles na noite. Un milleiro de millóns de anos máis tarde, nun Sistema Solar máis calmo, formouse o primeiro supercontinente da Terra.