Sombras e penachos ao través de Enceladus

Sombras e plumas de xeo e vapor en EnceladusCréditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: por que Enceladus ten penachos de xeo? Os chorros que cuspen vapor de auga e xeo detectounos a sonda espacial Cassini en órbita de Saturno en 2005. Porén, a orixe da auga que alimenta aos chorros fica a ser un tema de investigación. Unha das hipótesis principais mantén que a orixe podería estar nun mar fondo baixo o chan, pero outra hipótese afirma que podería ser xeo fundido dos grandes cantís pola flexión de mareas da lúa e a calor. Na fotografía superior, a superficie con relevo de Enceladus pode verse ne primeiro plano, mentres fileiras de penachos se erguen desde as fracturas de xeo ao lonxe. Estes chorros fanse máis visibles polo ángulo do Sol e a sombra invasora da noite. Un estudo recente dun cento de fotografías coma esta, de géyseres cruzando o Polo Sur de Enceladus, xunto con mapas de calor rexional, indica que probablemente estas plumas se orixinan nun mar agochado, aumentando a posibilidade de que este globo xeado poida albergar vida.