Auroras sobre o norte do Canadá

Auroras sobre o norte de Canadá
Créditos da imaxe e copyright: Kwon, O Chul (TWAN)
Explicación: refachos de ventos solares e estoupidos de partículas cargadas procedentes do Sol crearon varias noites proveitosas o pasado decembro para os que agardaban auroras. A fotografía superior captou espectaculares auroras estirándose por todo o ceo preto da cidade de Yellowknife, ao norte de Canadá. As auroras eran tan brillantes que non só inspiraban abraio, tamén foron visibles de xeito doado nunha exposición fotográfica de tan só 1,3 segundos. Un vídeo tirado ao mesmo tempo amosa as luces do ceo danzantes evolucionando en tempo real mentres os turistas, moitos precisamente aí para ollar auroras, responden con aplausos. As vivendas cónicas á dereita da fotografía son tipis, mentres que lonxe ao fondo, preto do centro da imaxe, está a constelación de Orión.