Veos de Ceo

Nubes noctilucentes Créditos da imaxe e copyright: P-M Hedén (Clear Skies, TWAN)
Explicación: esta mostra excepcional de nubes noctilucentes, que transfiren a luz solar ao través dun ceo aínda escuro, captáronse a comezos deste mes por riba da illa de Gotland (Suecia). Desde os límites do espazo, a uns 80 quilómetros por riba da superficie da Terra, as nubes de xeo reflicten a luz solar incluso cando o propio Sol está por baixo do horizonte cando se mira desde o chan. As nubes que brillan de noite, aparecendo normalmente a altitudes elevadas nos meses de verán, fixeron unha aparición potente este mes de xullo. Tamén denominadas coma nubes polares mesoesféricas, sábese que se forman cando as pingas de auga que entran na fría atmosfera superior se condensan polas finas partículas de po formadas pola desintegración de meteoros ou as cinzas volcánicas. A misión AIM da NASA proporciona proxeccións diarias das nubes noctilucentes tal e como se ollan desde o espazo.