Eco de luz V838: a película

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=93L0IEbUJsk&w=640&h=360]
Créditos da imaxe: ESA, NASA, Telescopio Espacial Hubble; Música: The Driving Force (Jingle Punks)
Explicación: que provocou este estoupido de V838 Mon? Por razóns descoñecidas, a estrela V838 Mon convertiuse de súpeto nunha das estrelas máis brillantes de toda a Galaxia da Vía Láctea. Entón, xusto uns poucos meses máis tarde, apagouse. Endexamais antes se vira un flash estelar coma este; as supernovas e as novas expulsan unha enorme cantidade de materia ao espazo. Aínda que o flas de V838 Mon parecía expulsar algo de material ao espazo, o que se na película de oito fotogramas superior, interpoladas para suavizalas, é realmente un light eco luminoso do flash que se move cara o exterior. O tempo real que abarca a apelícula superior vai desde 2002, cando o flash se gravou por primeira vez, ata 2006. Nun eco de luz, a luz procedente do flash é reflectiva en elipsoides sucesivamente máis afastados nunha complexa disposición do po interestelar ambiental que xa arrodeaba a estrela. Na actualidade, o modelo máis aceptado para o estoupido de V838 é o do decaimento orbital e a conseguinte fusión de dúas estrelas relativamento normais. V838 Mon atópase a uns 20.000 anos luz de distancia cara a constelación de Monoceros, mentres que o eco luminoso máis grande de enriba abarca uns seis anos luz de diámetro.