Peculiar galaxia elíptica Centaurus A

Estraña galaxia elíptica Cen A
Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari
Explicación: que lle aconteceu ao centro desta galaxia? Estraños e espectaculares corredores de po percorren o centro da galaxia elíptica Centaurus A. Estes corredores de po son tan mestos que case escurecen por completo o centro da galaxia en luz visible. Isto é particulamente estraño xa que as estrelas vermellas de Cen A e a súa forma redonda son características dunha galaxia elíptica xigante, unha clase de galaxia normalmente con pouco po escuro. Cen A, tamén coñecido coma NGC 5128, taén é estraña comparada cunha galaxia elítpica media porque contén unha proporción máis alta de estrelas azuis novas, sendo unha fonte moi pontente de emisión de radio. As evidencias indican que Cen A probablemente é o resultado da colisión de dúas galaxias normais. Durante a colisión, formáronse moitas estrelas novas, pero os detalles da creación dos estraños cintos de po de Cen A aínda se están a investigar. Cen A atópase a só 13 millóns de anos luz de distancia, convertíndoa na galaxia activa máis achegada. Cen A, fotografada enriba, abarca 60.000 anos luz e pode ollarse con prismáticos cara a constelación de Centaurus.