A nebulosa planetaria Abell 36

A nebulosa planetaria abell 36Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Univ. Arizona

Explicación: a nebulosa planetaria Abell 36, a preciosa envoltura gasosa dunha estrela de tipo solar que está a morrer, está a tan só 800 anos luz de distancia na constelación de Virgo. A esa distancia abarca uns 1,5 anos luz nesta definida imaxe telescópica. A estrela central da nebulosa, que desbotou as súas capas máis exteriores, está a contraerse e facerse máis quente, evolucionando cara unha fase final de anana branca. De feito, en Abell 36 estímase que a estrela central ten unha temperatura superficial duns 73.000 K, comparadas cos actuais 6.000 K de temperatura do Sol. Como resultado, a estrela intensamente quente é moito máis brillante en luz ultravioleta, comparada coa súa aparencia visual aquí. A invisible luz ultravioleta ioniza aos átomos de hidróxeno e osíxeno da nebulosa e ao final potencia o brillo da fermosa luz visible.