Millóns de estrelas en Omega Centauri

O cúmulo globular Omega CentauriCréditos da imaxe e copyright: CEDIC Team, Procesado – Christoph Kaltseis
Explicación: o cúmulo globular de estrelas Omega Centauri, tamén coñecido coma NGC 5139, está a uns 15.000 anos luz de distancia. No cúmulo está amoreadas uns 10 millóns de estrelas moito máis vellas có Sol no interior dun volume duns 150 anos luz de diámetro, o máis grande e brillante dos aproximadamente 200 cúmulos globulares coñecidos que vagan polo halo da nosa galaxia Vía Láctea. Aínda que a maioría dos cúmulos estelares contan con estrelas da mesma idade e composición, o enigmático Omega Cen amosa a presenza de poboacións estelares diferentes con idades e abundancias químicas esparexidas. De feito, Omega Cen pode ser o núcleo remanente dunha pequena galaxia fusionada coa Vía Láctea. Esta imaxe astronomicamente definida en cor do clásico cúmulo globular tirouse en marzo baixo os ceos chilenos da Hacienda Los Andes.