A nebulosa Cono desde o Hubble

A nebulosa ConoCréditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA Procesado e Licenza: Judy Schmidt
Explicación: as estrelas están a formarse no xigantesco piar de po chamado a Nebulosa Cono. Os conos, os piares e as maxestuosas formas flúen en cantidade nas sgarderías estelares nas que as nubes natais de gas e po son batidas polos potentes ventos procedentes das estrelas recén nadas. A Nebulosa Cono, un exemplo ben coñecido, atópase no interior da brillantes rexión galáctica de formación estelar NGC 2264. O Cono foi captado nun detalle sen precedente nesta composición en primeiro plano de varias observacións desde o Telescopio Espacial Hubble que orbita a Terra. Mentres a Nebulosa Cono, a uns 2.500 anos luz de distancia en Monoceros, ten uns 7 anos luz de longo, a rexión fotografada aquí que arrodea á cabeza roma do cono ten só uns 2,5 anos luz de diámetro. No noso pescozo da galaxia a esa distancia é tan só a metade de camiño desde o Sol ao seu veciño estelar máis achegado, o sistema estelar Alfa Centauri. A estrela masiva NGC 2264 IRS, ollada pola cámara de infravermellos do Hubble en 1997, probablemente é a fonte do vento que esculpe a Nebulosa Cono e sitúase fóra da imaxe. O veo avermellado da Nebulosa Cono é producido polo gas hidróxeno brillante.