Fábrica de estrelas Messier 17

m17_gendlercolombari_960
Créditos da imaxe e copyright:Telescopio Subaru (NAOJ), Telescopio Espacial Hubble;
Datos de cor: Robert Gendler; banda estreita e procesado: Roberto Colombari
Explicación: que está a acontecer no centro desta nebulosa? A fábrica de estrela coñecida coma Messier 17, esculpida polos ventos estelares e a radiación, atópase a uns 5.500 anos luz de distancia na constelación, rica en nebulosas, Sagittarius. A esa distancia, este amplo campo de visión dun grao abarca case 100 anos luz. A imaxe composta en cor, chea de detalles, emprega datos procedentes de telescopios espacias e terrestres, amosa detalles tenues do gas e as nubes de po da rexión contra un fondo de estrelas da parte central da Vía Láctea. Os ventos estelares e a potente luz que procede das estrelas masivas e quentes que se formaron a partir do almacén de gas e po cósmicos de M17 han excavado lentamente o material interestelar que quedou, producindo a aparencia cavernosa e as formas onduladas. M17 tamén é coñecida coma a Nebulosa Omega ou a Nebulosa do Cisne.