Camelopardálidas e ISS

Camelopardálidas e ISSCréditos da imaxe e copyright: Malcolm Park (North York Astronomical Association)
Explicación: desde un acampamento nas costas setentrionais do Gran Lago Erie, capturáronse tres raias curtas de meteoros brillantes nesta composición dunha paisaxe celeste nocturna. Gravados a primeiros horas da mañá do 24 de maio, os meteoros son as fuxidías camelopardálidas. Os seus ronseis apuntan ao radiante da chuvia de meteoros preto de Polaris, na grande pero tenue constelación Camelopardalis, o leopardo camelo ou, en termos modernos, a Xirafa. Mentres uns poucos meteoros aparecían, a chuvia non foi tan activa coma mentres a Terra cruzaba ao través do ronsel de refugallos predicidos do cometa periódico 209P/LINEAR. Por suposto, a longa e brillante raia da imaxe apareceu tal e como se prediciu. Cedo no 24 de maio, a Estación Espacial Internacional fixo un paso brillante polo ceos setentrionais.

Lectura no acampamento: libro electrónico de balde – Archaeology, Anthropology, and Interstellar Communication