Un arco circum-horizontal sobre Ohio

Arco circum-horizontal sobre OhioCréditos da fotografía e copyright: Todd Sladoje
Explicación: por que as nubes poderían parecer de diferentes cores? A razón aquí está en que os cristais de xeo das nubes cirrus afastadas están a traballar coma prismas flotantes. Un arco circum-horizontal, coñecido ás veces coma arco da vella de lume pola súa aparencia a unha chama, atópase paralelo ao horizonte. Para que se poida ollar un arco circum-horizontal, o Sol debe ter polo menos 58 graos de altura no ceo onde haxa tamén nubes cirrus. Aínda máis, os cristais de xeo hexagonais, planos e abundantes, que compoñen a nube cirrus deben estar aliñados horizontalmente para que a luz solar se refracte axeitadamente dun xeito colectivo similar. Por iso os arcos circum-horizontais son bastante raros de ollar. Esta aparición fotografouse mediante unha lente polarizada sobre Dublin, Ohio, en 2009.

Galería da chuvia de meteorosmira as bonitas fotografías das Camelopardálidas aquí (se é que hai algunha)