Obxectivo: o cometa de Rosetta

O cometa obxectivo do RosettaCréditos: ESA / Rosetta / MPS OSIRIS Team
Explicación: a nave espacial Rosetta captou esta serie destacada de 9 fotogramas entre o 27 de marzo e o 4 de maio, mentres se achegaba desde os 5 aos 2 millóns de quilómetros do seu cometa obxectivo. O cometa periódico 67P/Churyumov-Gerasimenko, cruzando ao longo dunha órbita de 6,5 anos no seu achegamento máis póximo ao Sol o vindeiro ano, pode ollarse movéndose ao través dun fondo afastado de estrelas en Sagittarius e o cúmulo globular de estrelas M104. A coma desenvolvida polo cometa é realmente visible ao final da secuencia, estendéndose uns 1300 km polo espazo. Está programado que Rosetta teña un encontro a primeiros de agosto co núcleo do cometa. Claramente activo agora, o núcleo ten uns 4 quilómetros de diámetro, liberando a coma poeirenta mentres o seu xeo suxo comeza a sublimar pola luz solar.O contacto do aterrador do Rosetta coa superficie do núcleo está prevista para novembro.