Un halo para NGC 6164

Un halo para NGC6164Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh e Rick Stevenson
Explicación: a fermosa nebulosa de emisión NGC 6164 foi creada por unha estrela rara, quente e luminosa de tipo-O, unhas 40 veces máis masiva có noso Sol. A estrela, ollada no centro da nube cósmica, ten só entre 3 e 4 millóns de anos. Noutros tres ou catro millóns de anos a estrela masiva rematará a súa vida nunha explosión de supernova. A propia nebulosa, que abarca uns 4 anos luz, ten unha simetría bipolar. Iso faina semellante en aparencia as máis comúns e familiares nebulosas planetarias; as envolturas gasosas que arrodean as estrelas de tipo solar. Tamén coma moitas nebulosas planetarias, achouse que NGC 6164 ten una gran halo tenue, que se desvela nesta fonda imaxe telescópica da rexión. O material do halo, que se expande no imedio interestellar que o arrodea, probablemente procede dunha fase activa máis temperá da estrela O. A espectacular paisaxe celeste é unha composición de moreas de datos de imaxes de banda estreita, salientadas en cor vermella polo gas hidróxeno atómico brillante e azul polo osíxeno, con datos de banda ancha do campo estelar do contorno. NGC 6164 está a 4.200 anos luz de distancia na constelación meridional e de ángulo recto de Norma.