Unha nube supercélula de tormenta formándose sobre Wyoming



Créditos do vídeo: Basehunters (BasehuntersChasing) Música: Empire (Shakira)
Explicación: como se forman as nubes de supercélulas de tormenta? Máis enriba temos un vídeo secuencia realizado o pasado domingo que recolle polo miúdo a formación de semellante supercélula violenta no leste de Wyoming (EUA). Comezando coma parte dun gran complexo de nubes de tormenta escuras e grandes, a supercélula chega xunto cunha gran corrente de aire ascendente rotatoria coñecida coma un mesociclón. Os mesociclóns fórmanse durante os rápidos cambios de dirección e velocidade do vento coa altura e poden producir chuvia torrencial, saraiva daniña, remuíños de ventos e, ás veces, tornados. Pode ollarse aos cazadores de tormentas estudando, fotografando e, ao final correndo desde a nube que forma a tormenta durante o vídeo. Durante a parte media do vídeo, a supercélula dun quilómetro de ancho pode verse xirando ominosamente cunha parte baixe case plana. Cara ao final do vídeo, outra nube de supercélula xiratorio fórmase pero disípase despois axiña.