Meteoros, avións e unha galaxia sobre Bryce Canyon

Meteoros, avións e unha galaxia sobre Bryce Canyon
Créditos da imaxe e copyright: Dave Lane
Explicación: ás veces a terra e o ceo están ámbolos dous ocupados e fermosos. A paisaxe representada no primeiro plano inclúe o Bryce Canyon en Utah, (EUA), famoso polas súas numerosas e interesantes estruturas de rocha erosionadas durante millóns de anos. A paisaxe superior, fotoxénica por dereito propio, inclú ao disco central en arco da nosa Galaxia Vía Láctea, as raias inclúen tres avións que pasaban por aí e polo menos catro meteoros eta aquáridas e estrellas billantes coma o Triángulo de Verán. A imaxe superior é unha panorámica dixital creada a partires de 12 imaxes máis pequenas a comezos deste mes na noite do 6 de maio. Aínda que se te perdeches a recente chuvia de meteoros da eta aquáridas non te preocupes, poida que teñas unha prórroga. Os entusiastas do ceo están a agardar para ver unha nova chuvia de meteoros que se desenvolvera nas primeiras horas do sábado 24 de maio, canto a Terra se mova ao través unha nube probablemente densa de po e refugallos expulsados polo cometa 209P/LINEAR.