A Gran Mancha Vermella de Xúpite desde a Voyager 1

A gran mancha vermella de Xúpiter desde a Voyager i
Créditos da imaxe: NASA, JPL; procesado dixital: Björn Jónsson (IAAA)
Explicación: en que se converterá a Gran Mancha Vermella de Xúpiter? Rexistrada mentres mingua desde os anos 1930, a velocidade de dimininución de tamaño da Gran Mancha Vermella parece terse acelerado xusto nos últimos anos. A Gran Mancha Vermella, un furacán máis grande cá Terra, foi ben intensa polo menos desde que os telescopios puideron ollala. Coma a maioría dos fenómenos astronómicos, a Gran Mancha Vermella nin se prediciu nin se comprendeu inmediatamente tralo seu descubrimento. Aínda que os pequenos remuíños que alimentaron ao sistema de tormentas parecen xogar o seu papel, unha comprensión máis fonda da xigantesca nube tormentosa segue a ser un tema de investigación e podería redundar nunha mellor comprensión do tempo aquí na Terra. A imaxe superior é a mellora dixital dunha fotografía de Xúpiter tirada en 1979 pola nave espacial Voyager 1 mentres pasaba a fume de carozo polo planeta máis grande do Sistema Solar. Actualmente, a nave espacial Juno da NASA diríxese cara Xúpiter e chegará en 2016.