O Xúpiter do Hubble e a abraiante Gran Mancha Vermella minguante

A minguante Gran Mancha Vermella de Xúpiter polo HubbleCréditos da imaxe: NASA, ESA e Amy Simon (Goddard Space Flight Center) et al.
Explicación: o xigante gasoso Xúpiter é o mundo máis grande do Sistema Solar cunhas 320 veces a masa do planeta Terra. Tamén e coñecido por un xigante sistema de tormentas xiratorio, a Gran Mancha Vermella, amosada nesta clara imaxe do Hubble do 21 de abril. Aniñada entre as bandas de nubes que cinguen a Xúpiter, a Gran Mancha Vermella (que tamén é unha nube), podería engulir de xeito doado á Terra, pero ultimamente está a minguar. As observacións máis recentes do Hubble miden que a mancha ten unhas 10.250 millas (16.500 quilómetros) de diámetro. Esa é a medida máis pequena feita ata o de agora polo Hubble e especialmente impresionante comparada coas 14.500 millas medidas pola Voyager 1 nos seus dous sobrevoos de 1979; e observacións históricas con telescopio desde o século XIX incican unha anchura dunhas 25.500 millas no seu eixe longo. Os indicios actuais apuntan a que a velocidade de diminución está a medrar para a lonxeva Gran Mancha Vermella.