O Neptuno da Voyager

O Neptuno da VoyagerCréditos da imaxe composta e copyright: esamblaxe/procesadoRolf Olsen,
Datos – Voyager 2, NASA Planetary Data System
Explicación: a sonda espacial, cruzando ao través do Sistema Solar exterior, fixo o seu achegamento máis próximo a Neptuno o 25 de agosto de 1989, a única nave espacial que visitou o xigante gasoso máis afastado. Esta inspirada escena composta, baseada nas imaxes gravadas durante o seu achegamento próximo e os días seguintes, cobre o tenue planeta exterios, a súa lúa máis grande Tritón e o sistema feble de aneis. Xusto desde máis alá da órbita de Neptuno, a perspectiva interplanetaria mira de volta cara o Sol, captando ao planeta e Tritón coma delgados crecentes alumeados polo Sol. As nubes cirrus e unha banda escura circulan pola rexión polar sur de Neptuno, cun remuíño anubrado sobre o propio polo. Partes do sistema de aneis moi fleble xunto cos tres arcos brillantes dos aneis fotografáronse por primeira vez durante o sobrevoo da Voyager, aínda que os segmentos máis tenues aparecen modelados nesta imaxe composta. O campo estelar do fondo, que abarca 7,5 graos, componse a partires de datos de exploración celeste centrados na constelación Camelopardalis, correspondéndose coa visión da Voyager desde o exterior do magnífico sistema neptuniano.