Valles Marineris: o gran canón de Marte

Valles Marineris en MarteCréditos da imaxe: Viking Project, USGS, NASA
Explicación: o canón máis grande do Sistema Solar corta unha ampla franxa a través da faciana de Marte. Denominado Valles Marineris, o gran val esténdese uns 3.000 quilómetros de longo, abarca tanto coma 600 quilómetros de ancho e afonda tanto coma 8 quilómetros de fondo. En comparación, o Gran Canón da Terra en Arizona (EUA), ten 800 quilómetros de longo, 30 quilómetros de ancho e 1,8 quilómetros de fondo. A orixe de Valles Marineris segue a ser descoñecido, aínda que unha hipótese destacada mantén que empezou coma unha crebadura hai milleiros de millóns de ano mentres o planeta arrefriaba. Identificáronse varios procesos xeolóxicos no canón. O mosaico de enriba foi creado a partires de 100 imaxes de Marte tiradas polos orbitadores Viking nos anos 70 do século pasado.