A Curiosity inspecciona o monte Remarkable de Marte

O Curiosity inspecciona o Monte Remarkable en Marte
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech. Procesado adicional do mosaico: Kenneth Kremer & Marco Di Lorenzo
Explicación: que se lle apareceu á Curiosity en Marte? Alcumado monte Remarkable (N.T.: Destacado, en galego), o robot rodante atopouse por casualidade con este notable outeiro de 5 metros de altura durante a súa viaxe continua, co obxectivo do Monte Sharp de 5,5 quilómetros de altura. O equipo humano de Terra, inseguro sobre a densidade da arenisca estratificada que o arrodea, deulle instrucións ao todoterreo marciano, do tamaño dun coche, para que furase unha rocha no lateral do monte Remarkable para investigar. É bastante probable que a auga que tivo algo que ver na creación da densa arenisca podería ter axudado a  manter vida na antigüidade do planeta vermello. O Monte Sharp, o estraño cumio central do Cráter Gale, ten unha altura desde a base ao pico semellante ao Monte Everest da Terra.