Sol laranxa con faíscas

O Sol cheo de faíscasCréditos da imaxe e copyright: Alan Friedman (Averted Imagination)
Explicación: o noso Sol vén de converterse nun lugar bastante atarefado. Tirada hai só dúas semanas, o Sol foi captado amosando numerosas rexións tumultuosas que inclúen as rexións activas de manchas AR 2036 preto da parte superior da imaxe e AR 2036 preto do centro. Hai só catro anos o Sol estaba a emerxer desde un Mínimo Solar estrañamente tranquilo que durou durante anos. A imaxe de enriba gravouse nunha única cor de luz chamada Hidróxeno alfa, en cor falsa e invertida. As espículas cobren gran parte da faciana do Sol coma unha alfombra. O brillo gradual cara os bordos do Sol está provocado pola absorción incrementada de gas solar relativamente frío e denominada escurecemento do limbo. Xusto por riba dos bordos do Sol sobresaen varias prominencias filamentarias, mentres que as prominencias da faciana do Sol óllanse coma raias. É posible que o máis interesante visualmente de todo sexan as rexións activas enguedelladas magneticamente que coenteñen manchas solares relativamente frías, que se ven coma puntos brancos. Na actualidade no Máximo Solar; a fase máis activa no seu ciclo magnético de 11 anos, o campo magnético retorto do Sol está a crear numerosa”faíscas” solares que inclúen prominencias solares eruptivas, execcións de masa coroal e labaradas que emiten nubes de partículas que poden impactar na Terra e provocar auroras. Hai dous anos, unha labarada liberou tal torrente de partículas cargadas ao interior do Sistema Solar que podería ter estragado satélites e posto en perigo ás redes de corrente eléctrica se simpactara no planeta Terra.