Un espectacular ceo de Scorpius

Un espectacular ceo de ScorpiusCréditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard, TWAN
Explicación: se Scorpius aparecera así de ben a simple vista, os humanos poderían lembralo mellor. Scorpius amósase máis normalmente coma unhas poucas estrelas brillantes nunha constelación zodiacal ben coñecida pero poucas veces destacada. Aínda que para chegar a unha imaxe espectacular coma esta, un require dunha cámara boa, filtros de cor e unha procesador de imaxes dixitais. Para chegar a tanto detalle, a imaxe superior non precisou só de exposicións de duración longa tiradas en cores diferentes, senón tamén unha exposición nunha cor vermella moi específica emitida polo hidróxeno. A imaxe resultante amosa moitas características excepcionais. Cruzando verticalmente a imaxe á esquerda está parte do plano da nosa Galaxia Vía Láctea. Ai poden ollarse enormes nubes de estrelas brillantes e filamentos longos de po escuro. Sobresaíndo diagonalmente desde a Vía Láctea no centro da imaxe están as bandas escuras de po coñecidas coma o Río Escuro. Este río conecta con varias estrelas brillantes á dereita que son parte das pinzas e a cabeza de Scorpius e inclúen á estrela brillante Antares. Enriba e á dereita de Antares hai un, aínda máis brillante, planeta Xúpiter. Poden verse numerosas nebulosas de emisión vermellas e nebulosas de reflexión azuis por toda a imaxe. Scorpius destaca moito nos ceos meridionais tralo solpor durante a metade do ano.