Un Sol parcialmente eclipsado ao solpor

eclipsedsunbirds_wall_960
Créditos da imaxe e copyright: Andrew Wall
Explicación: se ollas de preto, verás algo bastante estraño neste Sol do solpor. Hai paxaros voando á esquerda do Sol, pero iso non é o estraño. Un escuro mar cobre a parte inferior do Sol e nubes escura cobren partes do seu interior, pero tampouco son moi estraños. Máis raro é o anaco oculto da parte superior dereita. Non se trata dunha nube; iso é a Lúa. Onte a Lúa moveuse pola parte dianteira do Sol tal e como se viu desde Australia e, aínda que moitos sitios informaron de irritantes nubes, un Sol parcialmente eclipsado chegaría ao seu máximo durante o solpor. A fotografía superior captouse onte no horizonte occidental de  Adelaida, Australia do Sur. A eclipse máxima puido verse só desde unha pequena parte da Antártida onde puido ollarse a toda a Lúa cubrindo por completo o centro do Sol no que se coñece coma unha eclipse anular, deixando so un anel de lume do Sol erguéndose ao redor dos bordos. A vindeira eclipse solar será outra eclipse parcial, que acontecerá o 23 de outubro de 2014 e poderá ollarse desde a maior parte de Norte América preto do solpor.

Galería: eclipse solar de onte