Cadelo aurora sobre Alaska



Le a explicación. Movendo o cursor sobre a imaxe terás a versión anotada. Premendo na imaxe terás a versión na maior resolución dispoñible.
Créditos da imaxe e copyright: John Chumack

Explicación: ás veces é difícil de crer o que ves no ceo. Mentres lideraba a súa viaxe de auroras anual o mes pasado preto de Fairbanks na Alaska central, o astrofotógrafo John Chumack e a súa compaña viron unha aurora do máis estrano. Esta aurora brillante parecía mudar na forma dun can saltarico, completado cunha cola crencha. Foi quen de capturar a aparición natural e fuxidía na imaxe superior cunha exposición de 15 segundos ao través dunha lente gran angular. De casualidade, tamén captou un ceo de fondo cheo de elementos moi interesantes e familiares. Os planetas visibles inclúen ao brillante Xúpiter entre as patas dianteiras do can e o avermellado Marte baixo as patas traseiras. As estrelas visibles inclúen ás estrelas do Setestrelo por riba da parte central do can e a vermella Betelgeuse brillando no extremo dereito. Porén, este can non o seguiría á casa e nuns poucos minutos mudou noutras formas antes de que as partículas da tormenta xeomagnética que as crearon foron bater á Terra noutro lugar.