Vídeo secuencia dunha eclipse total de Lúa


Créditos do vídeo: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona

Explicación: por que se voltaría escura de súpeto unha Lúa chea brillante? Porque entrou na sombra da Terra. Hai case dúas semanas aconteceu exactamente este fenómeno mentres a Lúa sufría unha eclipse total lunar. Esa eclipse, visible desde a metade da Terra que encaraba á Lúa, foi captada en numerosas fotografías espectaculares e represéntase no vídeo secuencia superior que abarca máis ou menos unha hora. O vídeo de enriba, gravado desde o Mt. Lemmon Sky Center de Arizona (EUA), mantén a sombra terrestre centrada e amosa á Lúa atravesándoa desde o oeste ao leste. O bo aliñamento temporal entre a Terra, a Lúa mailo Sol amosarase de novo mañá, precisamente unha media lunación (ou mes) despois, cando parte da Terra pasará ao través da sombra da Lúa nova.