SuitSat-1: un traxe espacial flota en liberdade

Suitsat1: traxe espacial en liberdadeCréditos da imaxe: ISS Expedition 12 Crew, NASA
Explicación: un traxe espacial flotaba fóra da Estación Espacial Internacional hai oito anos, pero non se investigou o tema. Todo o mundo sabía que fóra empurrado pola tripulación da estación espacial. Alcumado Suitsat-1, o innecesario traxe espacial Orlan ruso encheuse case de todo con roupas vellas, axustóuselle un transmisor de radio de pouca potencia e liberouse na órbita da Terra. O traxe orbitou a Terra dúas veces antes de que o seu sinal de radio se volvera inesperadamente débil. O Suitsat-1 seguiu a orbitar cada 90 minutos ata que ardeu na atmosfera terrestre despois dunhas poucas semanas. Na imaxe superior, o traxe espacial inanimado foi fotografado en 2006 xusto mentres ía á deriva desde a estación espacial.