Eclipse anular meridional

Eclipse anular meridionalCréditos da imaxe e copyright: Cameron McCarty, Matthew Bartow, Michael Johnson –
MWV Observatory, Coca-Cola Space Science Center, Columbus State University Eclipse Team
Explicación: é á tempada da eclipse e o 29 de abril ao redor das 06:00 TU a sombra dunha Lúa nova chegará e tocará ao planeta Terra, aínda que só o xusto. Aínda así, se estás no continente da Antártida dentro dos poucos centos de quilómetros entre os 79 graos 38,7 minutos latitude sur e os 131 graos 15,6 minutos lonxitude leste poderías ver unha eclipse solar anular co Sol xusto por riba do horizonte. Como a Lúa estará a acadar o apoxeo, o punto máis afastado da súa órbita elíptica, o seu tamaño aparente será non será quen de cubrir por completo o disco solar. A fase anular, unha eclipse rara e descentrada, durará como moito 49 segundos. No seu máximo podería parecerse algo a esta imaxe de “anel de lume” da última eclipse solar anular de maio, captada por un equipo de transmisión web que opera preto de Coen, Australia. Por outra banda, unha eclipse parcial na que a Lúa cubrirá parte do Sol poderá verse atravesando unha rexión moito máis ancha do hemisferio sur, incluíndo Australia pola tarde.