As líridas nos ceos meridionais


Mira a explicación. Move o cursor sobre a imaxe e terás unha versión alternativa. Premento, chegarás a versión de maior resolución dispoñible.
Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Las Campanas Observatory, Carnegie Institution)

Explicación: a chuvia de meteoros anual das líridas na Terra chegou ao máximo antes do mencer do 22 de abril, mentres o noso fermoso planeta se abría camiño entre o po procedente da cola do cometa de longo período Thatcher. Aínda no seco e escuro deserto de Atacama ao longo da costa do Pacífico de Chile, a luz do final do cuarto da Lúa facía que brillara o ceo nocturno, aclarando os rastros dos meteoros máis febles. Pero os meteoros das líridas máis brillantes aínda deron feito un espectáculo. Captados nesta vista composta de terra e ceo que se gravou nas primeiras horas da mañá, os meteoros flúen desde o radiante da chuvia preto de Vega, a estrela alfa da constelación Lyra. O efecto de radiante débese á perspectiva xa que os traxectos paralelos dos meteoros parecen converxer á distancia. Os ricos campos estelares e as nubes de po da nosa propia galaxia Vía Láctea estréitanse cara ao fondo.