A masiva e achegada galaxia espiral NGC 2841

A masiva galaxia espiral ngc2841Créditos da imaxe: Hubble, Subaru; Composición e copyright: Robert Gendler
Explicación: é unha das galaxias máis masivas coñecidas. A tan só 46 millóns de anos luz de distancia, a galaxia espiral NGC 2841 pode atoparse na constelación setentrional de Ursa Major. Esta imaxe detallada do espectacular universo illa amosa un impactante disco galáctico mailo núcleo amarelo. Os corredores de po, as pequenas e rosadas rexións de formación estelar e os cúmulos de novas estrelas azuis están incrustados nos brazos espirais moi retortos e pretos. Por contra, outras moitas espirais exhiben brazos grandes e moi amplos con rexións de formación estelar de gran tamaño. NGC 2841 ten un diámetro duns 150.000 anos luz, aínda máis grande cá nosa propia Vía Láctea e captouse nesta imaxe composta fusionando exposicións do Telescopio Espacial Hubble en órbita de 2,4 metros e do Telescopio Subaru terrestre, de 8,2 metros. As imaxes de raios X suxiren que as explosións estelares e os ventos resultantes crean plumas de gas quente que se estende nun halo ao redor de NGC 2841.