Cinza e lóstregos sobre un volcán islandés

Cinza e lóstregos sobre un volcán islandésCréditos da imaxe e copyright: Sigurður Stefnisson
Explicación: por que formou tanta cinza unha pintoresca erupción volcánica de 2010 en Islandia? Aínda que o gran penacho de cinza non tiña parangón pola súa abundancia, a súa presenza foi particularmente notoria debido a que se desviou por zonas de moita poboación. O volcán Eyjafjallajökull, no sur de Islandia, empezou a entrar en erupción o 20 de marzo de 2010, cunha segunda erupción que empezou baixo o centro dun pequeno glaciar o 14 de abril de 2010. Ningunha das erupcións foi especialmente potente. Porén, a segunda erupción fundiu unha gran cantidade de xelo glaciar que despois arrefriou e fragmentou a lava en partículas de cristal areoso que foron transportadas co penacho que se erguía desde o volcán. Na fotografía superior da segunda erupción, os lóstregos alumean a cinza que desborda do volcán Eyjafjallajökull.