Nubes e cruces sobre Haleakala


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an alternate version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Wally Pacholka (TWAN)
Explicación: Aloha e benvidos a unha paisaxe celeste abraiante. A irreal vista panorámica do 27 de marzo olla sobre o cumio de 3.000 metros de Haleakala en Maui, Hawai. Unha capa de nubes fíltrase sobre o bordo da caldeira volcánica coa Vía Láctea e o ceo nocturno estrelecido por riba. A cabeza do asterismo da Cruz do Norte, a estrela superxigante Deneb, axexa entre as nubes de po da Vía Láctea e as nebulosas da esquerda. Desde aí podes seguir o arco da Vía Láctea por todas as estrelas da máis compacta Cruz do Sur, xusto por riba do horizonte no extremo dereito. Un Marte amarelado está á dereita do centro, preto do cumio do cadro, co seu rival a xigante vermella Antares por baixo del, máis preto do bulbo central da Vía Láctea. Requires dalgunha axuda para identificar as estrelas? Só tes que escorregar o teu cursor sobre a imaxe, ou descargar esta panorámica etiquetada.