Dous aneis no asteroide Chariklo


Créditos do vídeo animado: Lucie Maquet, Observatoire de Paris, LESIA
Explicación: os asteroides poden ter aneis. Nun abraiante descubrimento anunciado hai dúas semanas, atopouse que o asteroide afastado 10199 Chariklo ten polo menos dous aneis orbitándoo. O diámetro de Chariklo é duns 250 quilómetros, sendo o máis grande dos asteroides centuros medidos, pero agora é o obxecto coñecido máis pequeno que ten aneis. A clase centauro de planetas menores orbia ao Sol entre Saturno e Urano. O vídeo superior aporta unha visión artística de como se descubriron os aneis. Mentres Chariklo pasaba en 2013 por diante dunha estrela feble, unha caída inesperada pero simétrica no brillo da estrela desvelaron aos aneis. Os astrónomos planetarios está agora a executar simulacións informáticas deseñadas para investigar como se podería ter formado o abraiante sistema de aneis de Chariklo, como sobrevive e, dada a pouca masa do asteroide e o preto que pasa doutros asteroides pequenos e do planeta Uranus, canto pode durar.