Listas de tigre recentes no Encélado de Saturno

Listas de tigre recentes na lúa Encélado de SaturnoCréditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: ventean os océanos do subsolo ao través das listas de tigre en Encélado, a lúa de Saturno? Sábese que os longos accidentes xeográficos alcumados “listas de tigre” cuspen xeo desde o interior xeado da lúa ao espazo, formando unha nube de partículas finas de xeo sobre o Polo Sur da lúa e creando o misterioso anel-E de Saturno. As evidencias proviron da nave espacial automática Cassini agora en órbita de Saturno. Na fotografía superior, amósase unha imaxe de alta resoluxión de Encélado procedente dun sobrevoo preto. Os estraños rasgos superficiais alcumados listas de tigre poden verse nunha falsa cor azul. O porqué Encélado está activo aínda é un misterio, xa que a lúa veciña Mimas, aproximadamente do mesmo tamaño, parece bastante morta. Máis recentemente, unha análise de lixeiras desviacións da gravidade deron un indicio independente dos océanos subterráneos. Estas investigacións son particularmente interesantes porque eses océanos serían candidatos a conter vida.